MANIFESTO
polo Ensino Público
1. Defendemos un Ensino Público gratuito, democrático, integrador, coeducativo, laico e axeitado á realidade galega.
2. Rexeitamos calquera diminución dos orzamentos da Consellería de Educación e demandamos o incremento dos orzamentos e recursos destinados aos centros públicos e o recorte progresivo dos concertos co ensino privado-concertado, ata a súa eliminación.
3. Reclamamos que pasen a ser competencia da Consellería de Educación todos os gastos de todos os centros educativos de ensino público: mantemento, obras menores, etc.
4. Demandamos unha maior dotación de profesorado e de persoal auxiliar nos centros: administrativos/as, educadores/as sociais, coidadores/as e especialistas.
5. Requirimos a redución das ratios de alumnos/as por aula.
6. Rexeitamos e denunciamos a eliminación do programa de gratuidade dos libros de texto e outros materiais didácticos, e pedimos a restauración do programa que funcionou ata o curso 2009-10.
7. Rexeitamos o Decreto do Plurilingüismo e reclamamos o mantemento do Decreto 124/2007 e o cumprimento do mesmo, co fin de facer efectivo o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
8. Reclamamos a xestión dos comedores escolares por parte da Consellería de Educación e o incremento do seu finanzamento con criterios igualitarios.
9. Demandamos o mantemento e ampliación do servizo de transporte, a mellora da flota e o cesamento no recorte de liñas.
10. Solicitamos a redistribución do mapa das zonas educativas de Galicia e o incremento, naquelas zonas de maior densidade de poboación, da oferta de prazas escolares públicas e gratuitas, especialmente na ducación Infantil e de 0-3 anos.
11. Demandamos a elaboración dun Plan contra o fracaso e o abandono escolar.
12. Reclamamos a elaboración dunha Lei do Sistema Educativo Galego.
13. Esiximos que o alumnado teña garantido o acceso á Universidade sen trabas económicas.
ASINADO por:
Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS),
Federación Compostela de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, Santiago
Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Ferrolterra,
Federacións de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos do Val Miñor,
Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Cangas,
Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Moaña,
Federación de Asociación de Nais e Pais de Alumnos de Bueu,
Federacións de Anpas de Ponteareas, FANPO,

No hay comentarios:
Publicar un comentario