NOTA INFORMATIVA
En relación a convocatoria de folga das Anpas, iniciada por Ceapa e Confapa para o vindeiro 18 de outubro por motivo dos recortes, a Federación de Anpas de Cangas, na que estamos adscritos, convocou onte 15 de outubro unha reunión extraordinaria, na que se decidiu o seguinte:
Esta Federación e as anpas que a conforman non convocarán á folga aos pais e nais desta comunidade, ainda que COMPARTIMOS PLENAMENTE AS REIVINDICACIÓNS que presiden a folga
A non coincidencia dos ámbitos nos que se convocou a folga (só ensino e non ámbito laboral) limita enormemente os nosos obxetivos i en verdade cremos que esta é unha loita nosa, de nais e pais e non dos nosos fillos e fillas (cursando ensino obrigatorio).
Igualmente respetamos aos convocantes e cremos que individualmente, as familias somos libres de apoiar e ser partícipes de tódalas concentracións que poidamos.
A Xunta Directiva
Cangas, 16 de outubro 2012

No hay comentarios:
Publicar un comentario